Ramón Encinas Diéguez, nado en Ourense o 4 de setembro de 1918 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2014,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Sobriño do futbolista e adestrador Ramón Encinas Dios,[2] estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario e combateu no exército rebelde alcanzando o grao de capitán de Infantaría.[3] Membro de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi fiscal en Xinzo de Limia e Verín, vicepresidente da Deputación de Ourense, oficial maior do concello de Ourense, secretario do Ministerio da Vivenda, subxefe provincial do Movimiento, conselleiro nacional e procurador en Cortes por Ourense (1964-1971), gobernador civil de Huesca, Pontevedra (1964-1970)[4] e Albacete,[5] xefe da asesoría xurídica de Caixa Ourense e director xeral de Caixa Pontevedra.
Recoñecementos
Notas
- ↑ Despedida al exgobernador civil Ramón Encinas Diéguez
- ↑ "Moncho Encinas, ha muerto". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de marzo de 1967. p. 16. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ La Noche, 10-4-1965, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-4-1965, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-5-1964, p. 15.
Véxase tamén
Ligazóns externas