Ramón D. Veiga, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1970, é un filólogo e escritor galego[1].
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Dende 1996 traballa no mundo editorial, que compaxina coa colaboración en diferentes blogs. Coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Como escritor, ten varias obras dirixidas ao público infantil. Tamén é autor da serie de banda deseñada «Miñoca» / «Lombriz» / «Cuc» (Xerais / Takatuka 2021, 2022).
En 2020 publicou o conto en liña #EuQuedoNaCasa,[2] que resume a situación que se viviu nos fogares onde hai nenos durante os días de confinamento provocados pola COVID-19. Tamén Bombas de chocolate (2022) sobre a guerra de Ucraína.[1]
Obra
Infanto xuvenil
Serie Miñoca
Novela
Premios
- 2021: Premio Arume de Poesía para a Infancia por Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas