Ramón Cerdeiras González, nado en Santa Cruz do Valadouro o 10 de decembro de 1859 e finado en Montevideo o 18 de marzo de 1930,[1] foi un xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de José Cerdeiras Álvarez e Antonia González Gómez. Emigrou a Uruguai a finais de 1874, con 15 anos, e instalouse en Rocha. Traballou no xornal La Ley de Rocha. Marchu a Montevideo onde viviu durante 15 anos. Fundou e dirixiu La Unión Gallega. En 1892 regresou a Rocha onde fundou e dirixiu o periódico La Democracia en 1894. Foi o seu director durante 33 anos, mantendo sempre unha liña crítica e combativa co poder e defensora da sociedade civil. Retirouse en 1927 e volveu a Montevideo, onde morreu.
Vida persoal
Casou en Garzón en 1898 con Laura Ramela Florencio pai de Daoiz e Velarde Cerdeiras Ramela.
Notas
- ↑ Galicia. Revista del Centro Gallego de Montevideo, 158, Marzo 1930, p. 7.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas