Ramón Ramiro Rueda Neira, nado en Lamaquebrada (Fión, O Saviñao) en 1840 e finado en Madrid o 2 de maio de 1904, foi un avogado e profesor galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Monforte. Licenciose en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil e Penal da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de 1890 a 1899. Despois foi catedrático de Dereito Penal e Antropoloxía criminal na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid. Finou en Madrid o 2 de maio de 1904.[1]
Obras
- Elementos de derecho penal, 1871.
Vida persoal
Casou con Eladia de Andrés García.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
- ↑ El Correo de Galicia, 3-5-1904, p. 2, 3,.