Ramiro Pérez Freijo, nado o 8 de xuño de 1962, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Traballa como enfermeiro. Foi concelleiro de Meira polo PPdeG dende 2003, e ocupou a tenencia de alcalde na lexislatura 2003-2007. Presentouse ás eleccións municipais de 2011 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Desde as eleccións municipais de 2015 é portavoz do grupo municipal do PPdeG[1].
Véxase tamén
Outros artigos
- ↑ "Corporación Municipal". www.concellodemeira.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018.