Ramiro González Vicente, nado en Burgos o 20 de abril de 1962, é un político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca. É procurador nas Xuntas Xerais de Áraba e, dende 2015, Deputación Foral de Áraba.[1]
Biografía
Nado en Burgos, viviu dende os 4 anos en Vitoria. Exerce de avogado colexiado, especializado en Dereito Civil e Mercantil e licenciado pola Universidade do País Vasco. Está casado, ten dúas fillas e reside na localidade arabesa de Mendoza.
No ano 2002 afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco e dende 2007 é procurador nas Xuntas Xerais de Áraba. Durante a lexislatura 2007-2011 na que o seu compañeiro de partido Xabier Agirre exerceu de Deputado Xeral, Ramiro González foi voceiro adxunto do grupo nacionalista. Cando Agirre perdeu a Deputación en favor do popular Javier de Andrés en 2011, González substituíuno á fronte da portavocía do grupo nas Xuntas Xerais.
Nas eleccións forais de 2015, Ramiro González foi cabeza de lista do Partido Nacionalista Vasco. O 30 de xuño de 2015, con 13 votos de PNV e 5 de PSE-EE, Ramiro González foi investido Deputado Xeral de Áraba polas Xuntas Xerais de Áraba.
Notas