Ramón de Vicente Vázquez, nado en Vigo o 7 de xuño de 1932 e finado en Ferrol en febreiro de 2016,[1] foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
Enxeñeiro naval, traballou en ASTANO e foi director da Escola de Enxeñería Técnica Naval de Ferrol. Encabezou a candidatura da Coalición Democrática en Ferrol nas eleccións municipais de 1979. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por Alianza Popular. Foi Conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1983). Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia en 2003.
Vida persoal
Casou con María José Aldecoa Argaya e tivo seis fillos: Javier, María, Carlos, Jordi, Alberto e María José.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía