Ramón San Luís Romero, nado en Carballo e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1944, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Francisco San Luís, que fora presidente do Comité Republicano, síndico e alcalde de Carballo na Primeira República, e irmán de Xesús San Luís Romero. Foi presidente do Centro Solidario Gallego de Carballo creado o 8 de decembro de 1908. Fundou sociedades labregas, foi acusado de desordes públicas e xulgado na Coruña en xaneiro de 1911.[1] Ante o acoso tivo que marchar para América. Retornou a Carballo e durante a II República afiliouse ao Partido Radical e logo da destitución da corporación presidida por José Monteagudo Rodríguez polo gobernador civil en setembro de 1934, foi elixido alcalde de Carballo.[2] Finou en Carballo o 27 de xullo de 1944.[3]
Vida persoal
Casou con Matilde Pombo Salgado.
Notas
- ↑ El Noroeste, 10-1-1911, p. 1.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-9-1934, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-7-194, p. 3.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas