Estudou Náutica e Comercio en Ribadeo. En 1871 emigrou á Arxentina. Instalouse en Rosario traballando primeiro como empregado na casa comercial Correa, Gana e Compañía, despois como socio na empresa Mendeto e Compañía, e máis tarde sucesor na Ramón González e Cía, retirándose en 1896 logo de amasar unha fortuna. Retornou a Ribadeo en 1899. Promoveu a apertura de sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo e Santiago de Compostela.[2]
Dende a súa chegada dedicouse a facer numerosas doazóns ós concellos de Mos, O Porriño e Ribadeo. En Ribadeo foi membro da Sociedade Obreira de Socorros Mutuos A Concordia, da que foi presidente en 1910. Membro do Ateneo Biblioteca Popular, contribuíu ao seu desenvolvemento subvencionando clases de distintas materias e instrumentos musicais. Adxudicou bolsas a alumnos da vila para realizar os seus estudos. Subvencionou tamén a construción do Teatro, da Praza de Abastos e doou diñeiro para as Festas Patronais de 1925.En Porriño contribuíu á construción da casa do concello do Porriño deseñada polo arquitecto Antonio Palacios e o templo parroquial. [2][3]
Foi deputado provincial de Pontevedra en 1925.
Recoñecementos
En 1915 a corporación municipal de O Porriño, acordou facelo fillo adoptivo do Porriño.[4]
En 1922 deron o seu nome a unha rúa de Ribadeo e foi nomeado Fillo Predilecto de Ribadeo.[5]
Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de beneficencia e coa Real Orde de Sabela a Católica.
Ramón González, finou en Porriño aos 69 anos de idade, sendo soterrado na súa vila natal de Ribadeo.[6]
Notas
↑ 1,01,1Castro, Celia (2015). "Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas". CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (25): 96–101. ISSN1575-0639.