Rafael Sánchez López, nado en Bullas o 29 de xaneiro de 1991, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Club Deportivo Bullense da súa localidade natal, chegando a debutar co primeiro equipo en Preferente. Máis tarde foi á universidade en Murcia, e na capital da rexión entrou a xogar no Plus Ultra, club da Terceira División. Nesa época compaxinaba a súa faceta de xogador coa de árbitro de fútbol base, ata que pasou a arbitrar en categorías rexionais do fútbol sénior, momento no que deixou de xogar.[1] Foi subindo por diferentes categorías e arbitrou na Segunda División B entre 2015 e 2020, ano no que conseguiu o acenso a Segunda.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas