Racing San Lorenzo |
---|
Nome | Racing San Lorenzo |
---|
Fundación | 1928 |
---|
Estadio | Campo da USC |
---|
Presidente | José Luis Moure |
---|
Liga | 2ª Autonómica − Grupo 1 |
---|
Na rede |
---|
|
|
|
|
|
O Racing San Lorenzo é un club de fútbol galego do concello de Santiago de Compostela, fundado en 1928.[1] Na tempada 2024-25 xoga no grupo 1 da Segunda Galicia.[2][3] Xoga como local no campo de fútbol da USC a través dun convenio do club co concello de Santiago.[4] Conta con equipos en distintas categorías de fútbol base, tanto en fútbol 11 como en fútbol 8 e incluso en fútbol sala.
Historia
Fundouse en 1928 como Racing Club San Lorenzo e rebautizouse logo como Club Santiago no 1941, mesmo ano no que debuta na máxima categoría do fútbol rexional galego. Na tempada 1942-43 conseguiu o ascenso á Terceira División e mantívose doce anos nesa categoría. Regresou á terceira na tempada 1956-57 e permaneceu seis tempadas ata de novo descender no 1962, ano no que o club se rebautiza como Racing Club San Lorenzo.[5] Participou na Copa do Xeneralísimo en tres ocasións, nas tempadas 1943-44, 1947-48 e 1948-49.
O club regresou á competición sénior na tempada 2008 na Terceira Galicia. En 2024 ascendeu á Segunda Galicia.[6]
Tempada a tempada
Liga
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas