Río de Covés

Modelo:Xeografía físicaRío de Covés
Imaxe
O río de Covés preto da desembocadura no esteiro do Eume.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPontedeume, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCovés Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Eume Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′36″N 8°09′43″O / 43.3933272, -8.1620191
Características
Dimensións2 (lonxitude) km

O río de Covés é un río galego, afluente do Eume pola súa banda esquerda. Flúe en dirección sur-norte e ten unha lonxitude aproximada duns dous quilómetros.

As súas fontes localízanse nos altos do lugar de Covés na parroquia de Andrade. Logo de deixar Covés baña as parroquias de Nogueirosa e Vilar, actuando en moitos tramos do seu percorrido como fronteira de ambas parroquias. No seu curso medio recibe pola dereita as augas do Rego da Graña que nace nos altos de Cabría Nova.

Desemboca no esteiro do río Eume, precisamente no lugar de Esteiro.

Véxase tamén

Cartografía

  • Mapa Topográfico Nacional de España. Escala 1:25.000, folla 22-III.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.