O río Xarío é un río galego de só catro quilómetros e medio de curso. É afluente do río Baxoi, ao que se une pouco antes de que este desemboque na ría de Betanzos.
Descrición
Nace preto do lugar de Ar, facendo no seu primeiro tramo de fronteira natural entre os concellos de Pontedeume e Miño. Neste tramo é coñecido tamén como río do Vidreiro por fluír a rentes deste lugar de Pontedeume. A uns 2.700 metros da desembocadura recibe as augas do regato de Dandel que baixa do monte Breamo.
Durante practicamente todo o seu curso flúe encaixonado entre a autoestrada AP-9 que discorre pola súa marxe esquerda, e o campo de golf de Miño na marxe dereita.
Véxase tamén
Ligazóns externas