O río Tenorio é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica.
Nace no monte Tenorio (Cerdedo-Cotobade), preto do outeiro da Torre do Castelo, a 520 metros de altitude. Tras un percorrido de 6 quilómetros, no que recibe as augas do rego dos Petos, desemboca no río Lérez.