O Ser, é un pequeno río galego na provincia de Lugo, afluente do río Navia pola súa marxe dereita.
Percorrido
O Ser nace da confluencia de varios regos e ríos de montaña, formados varios deles a máis de 1.400 msnm, nas vertentes occidentais da serra dos Ancares, que veñen unirse non lonxe de Donís, no concello de Cervantes. Atravesa a parte setentrional dese concello, para entrar logo no municipio de Navia de Suarna, e desaugar nunha paraxe onde veñen confluír os lindes dos concellos de Cervantes, Navia de Suarne e Becerreá, logo de percorrer case 19 km.
A súa conca abrangue unha área de 114 km².
Rutas de sendeirismo
No percorrido do río hai diversas rutas de sendeirismo, tanto lonxitudinares ao longo do río como circulares. [1][2][3]
Réxime hídrico
O Ser é un río de réxime pluvio-nival.[4]
Afluentes
A maioría dos seus afluentes son pequenos regos de montaña, destacando entre os de maior desenvolvemento o río de Vilaver, pola súa marxe esquerda.
Protección
O curso do Ser atópase incluído dentro da zona especial de conservación de Cruzul - Agüeira.
Étimo
O nome do Ser está unido á raíz indoeuropea *sreu- "fluír".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas