Río Miñor

Modelo:Xeografía físicaRío Miñor
Imaxe
Ponte da Ramallosa, no río Miñor.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Galiñeiro Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónbaía de Baiona Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′57″N 8°48′53″O / 42.11586, -8.81477
Características
Dimensións16 (lonxitude) km

O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.

En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán. Augas arriba está a ponte de Mañufe.

Percorrido

Nace na serra do Galiñeiro, a 400 m de altitude. Decorre polo val do seu mesmo nome: o Val Miñor, que ademais dos concellos mencionados comprende o de Gondomar, en cuxo territorio ten o nacente este río. O seu principal afluente é o río de Zamáns.

A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000, polo seu alto valor ecolóxico, debido especialmente á variedade ornitolóxica que presenta.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos