Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Río Mera.
O río Mera é un afluente que lle chega pola marxe esquerda ao río Tambre.
Curso
Ten o seu nacemento no nordés, xunta a fonte da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño no concello de Arzúa. No seu percorrido, abarca as parroquias de Dodro, Oíns, Gonzar e O Pino, onde desauga no Río Tambre, nos límites da parroquia de Budiño.
Existen discrepancias sobre a lonxitude do seu percorrido, pois recibe as augas de varios regatos.
Galería de imaxes