O río Liao (en chinés: 遼河, simplificado: 辽河, pinyin: Liáo Hé) é un río da China. Con 1345 km, trátase do principal curso de auga do sur de Manchuria.
O seu nome deriva da rexión de Liao, nome histórico do sur de Manchuria.[1] O río tamén é chamado popularmente "río nai" no noroeste da China.[2] Ten un percorrido de 1345 km e unha conca duns 232 000 km2, mais o seu caudal medio é banstante pequeno.
O río Liao toma o seu nome despois da confluencia de dous cursos de auga distintos, o Xiliao (literalmente, o "Liao do oeste") e o Dongliao (o "Liao do leste"). O Xiliao (en chinés, 西辽河 ; en mongol, Xar Mörön; escrito en chinés 西拉木伦河, Xila Mulun Hei), é o máis longo destes dous cursos de auga, provenientes do oeste.
Notas
Véxase tamén