O Guadiato é un río, afluente do Guadalquivir, que corre enteiramente pola provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía, España.
Percorrido
O Guadiato nace na Serra Morena, no lugar denominado Los Prados, no concello de Fuente Obejuna. Realiza un curso moi encaixado cara ao sur, polo que apenas ten afluentes de importancia. Logo de 118 kms de curso desauga na beira dereita do Guadalquivir, entre as localidades de Almodóvar del Río e Posadas.
Explotación
No curso do Guadiato hai dous encoros (Sierra Boyera, Encoro de Puente Nuevo. Un terceiro está levantado xa na confluencia co Guadalquivir (Breña).