O río Caínzos ou rego Capela é un río principal na Mariña Oriental, que desemboca entre as rías de Foz e Ribadeo.
Curso
Nace no porto de Acevedo, entre A Granda e o Monte Coroa, a 290 m de altitude. Discorre enteiramente pola parroquia de Vilaframil, no concello lucense de Ribadeo, e pasa polas aldeas da Madanela, do Regueiral, de Río Caínzos e de Coedo e bordea o aeródromo de Vilaframil xusto antes de precipitarse ó mar. Desemboca no foxo de Vilaframil, na enseada de Coedo, no mar Cantábrico.[1]
[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos