Río Augüeira

Modelo:Xeografía físicaRío Augüeira
Imaxe
O río Augüeira ao seu paso por Peizais (Santalla de Ozcos)
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España e Galicia, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónA Fonsagrada Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Navia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°17′48″N 6°50′02″O / 43.29674, -6.83375
Características
Altitude850 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións47 (lonxitude) km

O río Augüeira[1] é un río de 47 quilómetros do noroeste da Península Ibérica que nace no concello galego da Fonsagrada e discorre na súa maior parte na Terra Eo-Navia de Asturias e aboca no río Navia.

Percorrido

Nace a 810 metros no concello da Fonsagrada e percorre os concellos de Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos e Pezós, e fai en diferentes tramas de límite natural entre eles para abocar, tras facer un percorrido de 47 km en U, no río Navia á altura do encoro de Doiras. Recibe as augas de diferentes regueiros e regatos, entre os que salienta o Hío.

Notas

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 55.