O río Órbigo é un curso fluvial das provincias de León e Zamora. A orixe do nome resulta explicábel polo éuscaro, como «dous ríos» "Ur-bikoa"[Cómpre referencia].
Entre os máis importantes tributarios do Órbigo son, pola beira dereita, estes: o río Duerna, o Tuerto, o Jamuz e mais o Ería. De entrada pola esquerda, está unicamente o río Luna.
Existe unha teoría pola cal, o hoxe chamado río Luna debeu ser o verdadeiro Órbigo. Cóntase que en tempos do Conde Luna, este mandou cambiar o nome do curso fluvial, pondo o seu ás augas que se encontraban dentro do seu condado.