Santa María de Río é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 124 habitantes (69 homes e 55 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.
Historia
Río foi capital municipal en 1876. Celébrase unha feira os 15 de cada mes que tivo unha grande importancia, polo que Río era considerado o centro comercial do concello.
Patrimonio
- Hai un castro en Casasoa.
- Consérvanse parte dos antigos pendellos da feira.
- Casas grandes tradicionais en Casasoa e A Devesa.
- A igrexa de Santa María de Río é barroca con nave rectangular. Segundo a tradición, é unha das Tres Virxes Irmás xunto coa do Faro e a da Pena de Francia.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Río
Parroquias de Rodeiro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos