Quod natura non dat, Salmantica non præstat

Fachada da Universidade de Salamanca.

Quod natura non dat, Salmantica non præstat (en galego: "O que a natureza non dá, Salamanca non o outorga") é un proverbio latino que significa que unha boa instrución (encarnada aquí na universidade) non pode darlle a ninguén aquilo do que é incapaz pola súa natureza. Deste xeito, nin a intelixencia nin a memoria, nin a capacidade de aprendizaxe son cousas que a universidade lles poida ofrecer aos seus alumnos.[1]

Creuse erroneamente que esta frase corresponde ao lema da propia Universidade de Salamanca, aínda que se trata dun erro. Os lemas das universidades son sempre frases alentadoras, promotoras do estudo e da propagación do coñecemento e da ciencia. O lema da Universidade de Salamanca é Omnium scientiarum princeps Salmantica docet ("A Universidade de Salamanca é a primeira no ensino de todas as ciencias").[2] 

O emblema aparece esculpido na pedra que recibe os visitantes no edificio das escolas menores da Universidade de Salamanca.[3]

Notas

  1. Jesús Cantera Ortiz de Urbina. Refranero Latino. Ediciones AKAL. ISBN 978-84-460-1296-2. 
  2. Universidade de Salamanca en Wikipedia.
  3. Francisco José Arana Pérez (2005). Letrados, juristas y burócratas en la España moderna. Universidad de Castilla la Mancha. p. 25. ISBN 978-84-8427-381-3.