Enrique Fernández Fraga, máis coñecido como Quique Fraga, nado en Lugo,[1] é un adestrador profesional de baloncesto galego e actual adestrador asistente do Club Baloncesto Breogán.
Traxectoria
Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Lisardo Gómez no Club Baloncesto Breogán onde, tras a baixa por enfermidade do mesmo, pasou facerse cargo do equipo. Tras finalizar a campaña 2015-16, Fraga volveu ser o segundo adestrador do club, asistindo a Natxo Lezkano. Despois de acadar o ascenso á Liga ACB, pasou a ser director deportivo do equipo lucense.
Traxectoria
Palmarés
- Final dos Playoffs da Liga LEB como segundo adestrador (2015)
- Campión da Copa Princesa como segundo adestrador (2018)
- Campión da Liga LEB como segundo adestrador (2018)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas