Santa Isabel de Quintela do Pando é unha parroquia e unha aldea que pertence ao concello de Viana do Bolo. En 2011, segundo o IGE, tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres).
Datos
Sitúase a 5 km da capital do concello. Está nun alto, sobre a zona da chaira. A economía pertence ao sector primario, con gandería ovina. A zona de Quintela é rica en castiñeiros, polo que un dos recursos do pobo son os bullotes e os choupís, un tipo de cogomelo. No ano 2005 fíxose a traída da auga e no 2006 ampliouse o teleclub.
Celébranse as festas de san Sebastián (20 de xaneiro) e santa Isabel (primeiro domingo de xullo), amais do magosto e os reis. Amais o 18 de agosto celébrase outra festa na que participan emigrantes retornados.
Lugares e parroquias
Lugares de Quintela do Pando
Parroquias de Viana do Bolo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos