Quiet Riot é unha banda estadounidense de heavy metal coñecida polos seus sinxelos "Metal Health" e "Cum on Feel the Noize". O grupo formárono en 1973 o guitarrista Randy Rhoads e o baixista Kelly Garni co nome orixinal Mach 1, que cambiarían primeiro por Little Women e finalmente por Quiet Riot en maio de 1975. Este nome estivo inspirado nunha conversa con Rick Parfitt, da banda británica Status Quo, na cal Parfitt dixo que lle gustaría chamar a un grupo "Quite Right", e o seu forte acento inglés fixo que soase como se dixese "Quiet Riot". A banda foi situada no número 100 da lista de VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock".
A formación orixinal estaba composta por Rhoads e Garni xunto co vocalista Kevin DuBrow e o batería Drew Forsyth. A súa formación máis exitosa foi a conformada por DuBrow, o guitarrista Carlos Cavazo, o baixista Rudy Sarzo e o batería Frankie Banali, que en 1983 publicou o álbum Metal Health que os faría famosos, o cal é coñecido por ser o primeiro disco de heavy metal en chegar á cima da lista de álbums da Billboard. Tras varios cambios de compoñentes e breves separacións, Quiet Riot continuou gravando e xirando ata a morte de DuBrow por unha sobredose de cocaína en 2007. Banali resucitou a banda en 2010, e na actualidade esta composta por el mesmo na batería, o vocalista Jizzy Pearl, o baixista Chuck Wright e o guitarrista Alex Grossi.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas