QuickBird foi unha serie de dous satélites artificiais da empresa DigitalGlobe (anteriormente Earthwatch Inc.).[1][2]
Características
Os satélites QuickBird eran satélites privados de observación terrestre cunha resolución de entre 61 cm e 1 m. As imaxes eran usadas en cartografía, agricultura, planificación urbana, meteoroloxía e vixilancia militar. Os satélites tiñan unha masa de 980 kg e usaban o bus BCP-2000. QuickBird 1 lanzado o 20 de novembro de 2000, non chegou a órbita por fallo do foguete lanzador, un Kosmos-3M. QuickBird 2 foi lanzado o 18 de outubro de 2001 mediante un Delta 7320 a unha órbita de 450 km de altura e 98° de inclinación, funcionando durante 13 anos. Foi retirado o 27 de xaneiro de 2015.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos