Quercus texana é unha árbore de folla caduca de tamaño de mediano a grande, de copa aberta e crecemento rápido. Pode alcanzar de 25 a 35 m de altura.[1]
As follas adoitan teren lóbulos coas puntas afiadas, con serdas ou con púas no lóbulo; as flores teñen estilos longos, e as landras maduran en 18 meses e teñen un sabor moi amargo.
Esta especie forma bosques até os 200 m de altitide, e medra en solos arxilosos húmidos ao longo de chairas inundábeis, regatos e terras baixas, pero pode tolerar sitios máis secos.[1]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, a pesar da ampla área de distribución de Quercus texana no baixo val do río Mississippi, é moi posíbel que se vexa ameazada polo actual cambio climático, e prevese que poida perder, potencialmente, máis do 30 % do seu hábitat adecuado.[5][6] Isto superaría o limiar necesario para avaliar a Q. texana como vulnerábel. Porén, neste caso non se sabe se existe unha relación lineal entre a diminución do hábitat e a diminución da poboación, xa que se descoñece a densidade de poboación e a capacidade de adaptación desta especie. Debido a estas incertezas, e a outros supostos inherentes á modelización do cambio climático, estas predicións de adecuación do hábitat non se utilizaron para aplicar estritamente as categorías e os criterios da Lista vermella polo que o status de Quercus texana avalíase como LC (pouco preocuante), pero poderían convertese en NT (Case ameazada) debido aos impactos do cambio climático.[1]
Paul S. Johnson, Stephen R. Shifley, Robert Rogers, Daniel C. Dey & John M. Kabrick (2019): The Ecology and Silviculture of Oaks 3rd Edition. CABI. ISBN 978-1-7806-4708-1.
Potter, K., Crane, B. & Hargrove, W. (2017): "A United States national prioritization framework for tree species vulnerability to climate change". New Forests: 1–26.
Potter, K. M. & Hargrove, W. W. (2013): "Quantitative Metrics for Assessing Predicted Climate Change Pressure on the North American Tree Species". Mathematical and Computational Forestry and Natural-Resources Science5 (2): 151-169.