Segundo a causa; pode incluír corticosteroides, inmunoglobulinas, entre outros
Medicación
Depende da causa subxacente
Prognose
Xeralmente benigno, pero depende da causa subxacente
Frecuencia
Variábel segundo o tipo e a poboación
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
A púrpura[1] é un conxunto de manchas de corvermella escura ou púrpura que aparecen na pel, nas mucosas ou nas serosas durante o curso de múltiples enfermidades e se caracterizan por non desapareceren ao exercer presión sobre elas. Aparece con decoloracións que poden ser causadas por hemorraxias subcutáneas. As pequenas manchas chámanse petequias,[2] mentres que as máis grandes poden ser equimoses ou hematomas.[3]
Asóciase habitualmente co tifo, pero tamén pode estar presente coa meninxite ou outras doenzas.
Clasificación
Existen varias clasificacións das púrpuras. A púrpura está clasificada na Clasificación Internacional de doenzas CID-10 como d65 e d69, no CID-9 (287) e tamén se pode referenciar na base de datos DiseasesDB co código 25619.[4]
A púrpura é un sinal común e inespecífico, pero o mecanismo que a causa normalmente implica: