Pío Lino Cuíñas Pereira, nado en Vigo en 1851 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 1927[1], foi un poeta e xornalista galego.
Traxectoria
Poeta en castelán e ás veces en galego, publicou páxinas humorísticas en prosa e en verso en castelán. O seu poema "O cae-la tarde" foi galardoado cun accésit no certame de Vigo en 1881. Colaborou en Galicia Cómica, Patria Gallega e nos seus últimos anos en Faro de Vigo cos pseudónimos Ambrosio e El Huérfano de Bembibre. Foi autor do Himno de Vigo, que escribiu en 1907 por encargo do concello.
Espinosa Rodríguez, José (1970). Concello de Vigo, ed. "Los artífices del Vigo moderno: Pío Lino Cuiñas Pereira". Boletín de información del Excmo. Ayuntamiento de Vigo (10).