Purificación Álvarez Álvarez

Modelo:BiografíaPurificación Álvarez Álvarez
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Ares, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa da Guarda
1989 – 1999
← Manuel Díaz GonzálezJosé Manuel Domínguez Freitas → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, política Editar o valor en Wikidata

Purificación Álvarez Álvarez, nada en Ares o 1 de febreiro de 1954, é unha mestra e política galega do PPdeG. Foi alcaldesa da Guarda de 1989 a 1999.

Traxectoria

Mestra de educación primaria. Concelleira na Guarda dende 1987 por Alianza Popular, foi elixida alcaldesa da Guarda en 1989, logo do falecemento de Manuel Díaz González "Ligero". Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 perdeu a maioría absoluta volvendo ser elixida alcaldesa mediante un pacto cos Independientes do Baixo Miño do exalcalde Raúl González Puebla. Abandonou a alcaldía tralas municipais de 1999, logo de ser substituída como candidata do PPdeG por José Luis Alonso Riego. En marzo de 2003 dimitiu como presidenta do PP da Guarda, logo de intentar fallidamente ser candidata á alcaldía, e anunciou a súa intención de encabezar a candidatura de Independientes de A Guarda para as municipais de 2003[1], á fronte da cal non logrou representación.


Predecesor:
Manuel Díaz González "Ligero"
 
Alcaldesa da Guarda
 
1989 - 1999
Sucesor:
José Manuel Domínguez Freitas

Vida persoal

Casou con Ramón Alonso Pedreira, que finou en 2011; é nai de Óscar e José Ramón Alonso Álvarez.[2]

Notas

  1. "Purificación Álvarez encabezará la lista de Independientes de A Guarda". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  2. La Voz de Galicia, Vigo, 20-4-2011, p. 50.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos