Puma Pumku é unha banda galega de rock psicodélico procedente de Santiago de Compostela. O grupo está composto por Amadeo Varela (guitarra e voz), Nico the Chef (batería), Coque Dosil (guitarra), Guillermo Cavero (baixo) e Francisco Varela (teclados).
Historia
Puma Pumku formárona en Santiago de Compostela o vocalista e guitarrista Amadeo Varela, o batería Óscar Raña, o guitarrista Coque Dosil e o baixista Guillermo Cavero.
O primeiro lanzamento da banda foi o EP de catro temas Puma Pumku, publicado en CD e casete por A Seara Records o 29 de abril de 2013.[1]
O 24 de novembro de 2014 o grupo lanzou o seu primeiro álbum, Is It In You?. O disco financiouse a través de micromecenado, pero a banda acabou asinando co selo Matapadre polo que o traballo aparecería publicado en dúas edicións.[2] Is It in you? foi gravado e mesturado polos membros de Triángulo de Amor Bizarro Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño.[3]
Posteriormente entrou na banda Francisco Varela (Dirty Socks) nos teclados para reforzar o seu son en directo. Óscar Raña decidiu centrarse no seu proxecto Dois, formado a mediados de 2014, e no ano 2017 abandonou Puma Pumku sendo substituído por Nico the Chef na batería.[2]
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas