O pulso é calquera dos sinais musicais periódicos que marcan o ritmo. Utilízase para comparar a duración das figuras e os silencios. É a orde repetitiva máis ordenada onde se recoñecen unidades rítmicas nunha obra musical. Chámase así porque é como unha pulsación que percorre a obra. Nun compás tamén se chama pulso ao tempo.