Public Ivy

Public Ivy é un termo coloquial para unha serie de prestixiosas universidades públicas dos Estados Unidos que ofrecen unha experiencia similar ás da Ivy League.[1] [2] A lista de institucións consideradas como unha "hedra pública" sufriu varias revisións ao longo dos anos.

Historia

O termo apareceu por primeira vez en Public Ivies: A guide to America's Best Public Undergraduate Colleges and Universities publicado en 1985. [1] O autor, Richard Moll, graduouse cun máster na Universidade Yale en 1959 e exerceu como oficial de admisión e director de admisións en varias universidades dos Estados Unidos.[3] Percorreu o país examinando institucións de educación superior, seleccionando oito que eran comparables á Ivy League.[4] [5]

A metodoloxía de clasificación orixinal de Moll incluía factores como o rigor académico, a calidade do profesorado e o custo da matrícula. Así como as avaliacións das instalacións do campus, os recursos dispoñibles, a idade e as principais tradicións culturais realizadas en cada institución.[6] [4]

O Journal of Blacks in Higher Education tamén caracterizou estas universidades como: "...competindo con éxito coas universidades da Ivy-League, tanto academicamente como en termos de atraer profesores universitarios estrela como os mellores estudantes de todas as razas".[4]

Lista orixinal publicada en 1985

Moll enumerou no seu libro as seguintes universidades por orde alfabética:

Outros 'contendentes'

Como parte da publicación inicial de 1985, Moll tamén seleccionou nove universidades como "contendentes dignos": [8]

Ampliación da lista

Unha publicación posterior na coñecida serie Greene's Guides (2001) ampliou o termo coas seguintes institucións: [2]

Galería

Notas

  1. 1,0 1,1 Moll, Richard (1985). Public Ivys: A Guide to America's best public undergraduate colleges and universities. 
  2. 2,0 2,1 Greene, Howard (2001). The public ivies : America's flagship public universities (1st ed ed.). Cliff Street Books. ISBN 0-06-093459-X. OCLC 46683792. Consultado o 2021-06-08. 
  3. Graham Synnott, Mareia (2017-07-12). The Half Opened Door. Routledge. pp. 125–159. ISBN 978-1-315-13243-3. Consultado o 2021-06-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Comparing Black Enrollments at the Public Ivies". www.jbhe.com. Consultado o 2022-07-17. 
  5. College Admissions for the 21st Century. Harvard University Press. 2011-02-01. pp. 1–34. ISBN 978-0-674-05859-0. Consultado o 2021-06-08. 
  6. Planning Los Angeles. Routledge. 2017-11-08. pp. 190–241. ISBN 978-1-351-17915-7. Consultado o 2021-06-08. 
  7. Moll sprach vom University-of-California-System als einer einzigen Hochschule (Moll considerou o sistema universitario de California como unha soa universidade)
  8. Moll, Richard (1985). The public ivys : a guide to America's best public undergraduate colleges and universities. Viking. ISBN 0-670-58205-0. OCLC 11755334. Consultado o 2021-06-08. 

Véxase tamén