A Provincia do Sur é unha das catro provincias de Serra Leoa. Cobre unha área de 19.694 km² e albergaba unha poboación de 1.377.067 persoas en 2004. A capital é a cidade de Bo. A meirande parte da poboación pertence ao grupo étnico mandé.