Provincia de Teherán

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Teherán
Vista nocturna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°42′42″N 51°24′25″L / 35.7117, 51.407
EstadoIrán Editar o valor en Wikidata
CapitalTeherán Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.267.637 (2016) Editar o valor en Wikidata (705,2 hab./km²)
Lingua usadaGozarkhani (en) Traducir
Senaya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie18.814 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoTehran Provincial Government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+3:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico021 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IR-23 e IR-07 Editar o valor en Wikidata

A provincia de Teherán (en persa: استان تهران‎ Ostān-e Tehrān) é unha das 31 provincias de Irán. Cobre unha área de 18814 quilómetros cadrados e atópase ao norte da meseta central de Irán.

A provincia limita coa provincia de Mazandaran polo norte, coa provincia de Qom polo sur, coa provincia de Semnán polo leste e coa provincia de Alborz polo oeste. A metrópole de Teherán é a cidade capital da provincia e de Irán.

A provincia de Teherán é a provincia máis rica de Irán, contribuíndo aproximadamente ao 29% do PIB do país. Ademais, aloxa aproximadamente o 18% da poboación do país. É ademais a provincia máis industrializada de Irán. O 86,5% da súa poboación reside en áreas urbanas e o 13,5% da súa poboación reside en áreas rurais.

A zona empezou a gañar importancia cando Teherán foi establecida como capital pola dinastía Qajar en 1778. Hoxe, Teherán, conta cunha poboación de 8 millóns de habitante, clasificata entre as 40 áreas metropolitanas máis poboadas do mundo.

Mapa da provincia.

Xeografía

A provincia de Teherán ten sobre 12 millóns de habitantes e é a a rexión máis densamente poboada de Irán. Aproximadamente o 86,5 por cento reside en áreas urbanas e o 13.5 por cento en áreas rurais da provincia.[1]

Teherán é a capital de Irán desde 1778.

Os ríos máis grandes desta provincia son Karaj e Jajrood.

Cadeas montañosas como o Alborz atópanse ao norte; Savad Kooh e Firooz Kooh atópanse no nordeste; Lavasanat, Qarah Daq, Shemiranat, Hassan Abad e Namak atópanse ao sur; Bibi Shahr Banoo e Alqadr atópanse no sueste e os altos de Qasr-e-Firoozeh atópanse ao leste da provincia.

O clima da provincia é estábel, posuíndo catro estacións, o inverno é frío e nevarento, o outono e a primavera son suaves e frescos e chuviosos, e o verán é morno e quente e seco. Mais nas montañas o clima é frío e semihúmido durante todo o ano. Os meses máis cálidos do ano son desde mediados de xullo até mediados de setembro cun rango de temperaturas desde os 28 °C (82 °F) a 30 °C (86 °F) e a temperatura dos meses máis fríos é de 1 °C (34 °F) entre xaneiro e febreiro, mais en certas tempadas do inverno pódense chegar a acadar os −20 °C (−4 °F). A cidade de Teherán ten invernos fríos e mornos e veráns cálidos. A pluviosidade anual media é de aproximadamte 200 milímetros, sendo os máximos durante a estación de inverno, principalmente en forma de neve. Resumindo, a provincia é unha zona fría semiárida, cun clima de estepa no sur e un clima alpino no norte.

Historia

Colección aqueménida do Museo Nacional de Irán en Teherán.

A provincia de Teherán conta con varios sitios arqueolóxicos que indican asentamentos que datados hai varios miles de anos. Até hai 300 anos, Rey era a cidade máis importante da provincia. Con todo, a cidade de Teherán emerxeu e converteuse na cidade máis grande e capital de Irán en 1778, e desde entón foi o centro político, cultural e económico de Irán.

Teherán conta con 1500 sitios históricos da importancia cultural rexistrados pola Organización do Patrimonio Cultural de Irán. Os máis antigos destes son os restos de dous sitios do condado de Firuzkuh, datados do 4º milenio a. C.

Divisións

A provincia de Teherán subdivídese en dezaseis condados (shahrestan), listados abaixo coas súas poboacións no 2016:

  • Condado de Teherán – 8,737,510
  • Condado de Damavand – 125,480
  • Condado de Ray – 349,700
  • Condado de Shemiranat – 47,279
  • Condado de Varamin – 283,742
  • Condado de Shahriar – 744,210
  • Condado de Eslamshahr – 548,620
  • Condado de Robat Karim – 291,516
  • Condado de Pakdasht – 350,966
  • Condado de Firuzkuh – 33,558
  • Condado de Qods – 316,636
  • Condado de Malard – 377,292
  • Condado de Pishva – 86,601
  • Condado de Baharestan – 536,329
  • Condado de Pardis - 169,060
  • Condado de Qarchak – 269,138

As cidades máis grandes da provincia de Teherán son: Andisheh, Baghershahr, Baghestan, Bumehen, Chahardangeh, Damavand, Eslamshahr, Qarchak, Qods, Golestan, Shahriar, Malard, Nasimshahr, Pakdasht, Pardis, Pishva, Robat Karim, Shahriar, Teherán, Varamin e Salehieh.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas