A súa capital estaba en Cahors, a antiga cidade de Cadurques ou Cadurci, que se estendía polos territorios de Souillac a Montauban, pasando por Figeac.[1]
Xeografía
Corresponde aproximadamente ao departamento de Lot, na época da súa creación no ano 1789, até que unha parte importante de Quercy foi separada deste departamento, pasando a formar parte do de Tarn-et-Garonne en 1808, ano en que se creou este último.
Quercy corresponde ao territorio ocupado pola poboación gala dos cadurques, é dicir a civitas galo-romana, cuxos límites foron adoptados polas dioceseis, en Cahors, como en todas as cidades antigas, e despois pola República Francesa, ao establecer os seus departamentos a partir de 1789.