Dúas edicións do mesmo libro popular de oracións lituano, «Auksa altorius». O primeiro era ilegal ao ser impreso en alfabeto latino, o que se empregaba habitualmente para o lituano. O segundo, impreso en cirílico ao estilo ruso, era legal e pago pelo goberno.
A prohibición de prensa lituana ( lituano : «spaudos draudimas» ) foi a prohibición de todas as publicacións en lituano impresas en alfabeto latino que estivo en vigor de 1865 a 1904 no Imperio Ruso, que controlaba Lituania na época. Pola contra, permitíanse, e mesmo se incentivaba, aquelas publicacións en lituano que usaban o cirílico.
Esta política de censura surxiu após a insurección fracasada de xaneiro de 1863, asumindo a forma dunha orde administrativa en 1864, e non foi levantada ate o 24 de abril de 1904. Os tribunais rusos reverteran dúas condeas en procesos de prohibición de prensa en 1902 e 1903, pero os reveses da guerra ruso-xaponesa no inicio de 1904 trouxeron unha política rusa máis flexíbel em relación ás minorías.[1]
Sobre prohibicón, era ilegal imprimir, importar, distribuir ou posuir calquera publicación no alfabeto latino. As autoridades zaristas esperaban que esta medida, parte de un plano maior de rusificación , diminuíse a influencia polaca sobre os lituanos e os devolvese ao que eran considerados seus antigos lazos históricos ca Rusia. Entrementres, os lituanos organizaran a imprenta fora do Imperio, principalmente na Lituania Menor ( Prúsia Oriental ) e nos Estados Unidos.
Historia
O 22 de maio de 1864, o zar Alexandre II de Rusia aproba este programa. Uns días máis tarde, Muravyov emite unha orde administrativa que prohibía a impresión de libros de texto en lituano escritos en alfabeto latino. Esta orde foi desarrollada nunha prohibición total o 6 de setembro de 1865 por Konstantin Petrovich von Kaufman , sucesor de Muravyov. Kaufman emite esta orde a seis gobernanzas veciñas declarando a prohibición total de todas as publicacións e esixindo que os comités de censura a apliquen sen dubidalo. Unha semana máis tarde, Pyotr Valuev , ministro do Interior, extende a orde a todo o Imperio . En 1866, a prohibición amplíase aínda máis para incluir todos os libros académicos.
A pesar da súa aplicación estricta e xeneralizada, ningunha das medidas de apoio á prohibición foi codificada en lei. A prohibición aplicouse basándose únicamente en ordes administrativas e na aprobación do zar. Cando os poderes temporais especiais do Gobernador Xeral foron revocados en 1871, estas ordes administrativas perderon todo valor legal. A partir dese momento, a prohibición non tivo base legal, pero aínda se aplicaba estrictamente.
A resistencia organizada á prohibición, tanto legal como ilegal, foi iniciada en grande medida polo bispo Motiejus Valančius , quen solicitou ao goberno que eximira da prohibición aos libros de oracións. Tralo que pasou a patrocinar o fluxo ilegal de libros desde fóra de Lituania . O período desde a morte de Valančius en 1875 até 1883 viu o estabelecemento do xornal en idioma lituano «Auszra» (O amencer), e a resistencia neste momento está asociada co bispo Antanas Baranauskas . A resistencia intensificouse cara finais do século XIX, posteriormente a que en 1889 se estabelecera outro importante xornal, «Varpas» (A campá), editado por Vincas Kudirka . Entre 1891 e 1893 confiscáronse e destruíronse 31.718 exemplares; entre 1900 e 1902 este número aumentou a 56.182, o que indica o seu maior fluxo.
O período comprendido entre 1890 e 1904 viu a publicación duns 2.500 títulos de libros no alfabeto latino lituano. A maioría destos se publicaron en Tilsit , cidade de Prusia Oriental , maila que algunhas publicacións chegaron a Lituania desde Estados Unidos . A principios do século XX lógrase unha versión escrita en grande medida estandarizada do idioma, basada en usos históricos e da «Aukštaitijan» (terras altas); as letras -č- e -š- foron emprestamos da ortografía checa . A gramática lituana ampliamente aceptada , de Jonas Jablonskis , aparece en 1901.
A introdución clandestina destes libros foi posíbel grazas á figura do knygnešiai (portadores de libros), figura clave empregada no renacemento nacional, propio dos nacionalismos románticos contemporáneos en Europa. Nestes contrabandos de material impreso introducíanse cada ano en Lituania entre trinta e corenta mil libros, un terzo dos cales eran decomisados polos aduaneiros rusos ou confiscados no interior do país. Durante este período só se imprimiron na Lituania, sometida ao Imperio ruso, cincuenta e cinco títulos en lituano, todos eles utilizando o alfabeto cirílico.[2]
En períodos máis recentes da historia de Lituania, xa en 1973, a prohibición é lembrada, e a historia da imprenta en lituano reinvindicada, na construción da escultura Vaclovas Krutinis , o cronista. Unha obra de arte mostrando a un hombre cun libro aberto nas mans diante da antiga imprenta Mamončiai (1575-1624) nomeada imprenta real no seu tempo. A primeira imprenta do Pobo ruteno coincidindo co final do Gran Ducado de Lituania (1490 - 1541).
A escultura foi o proxecto de graduación dos estudantes de V. Krutinis, do Instituto de Artes homónimo. O traballo comezou nun patio interior privado sen permiso do Concello ou dos propietarios da terra. Ao día seguinte a obra foi rematada mais as autoridades permitiron que non fose demolida en base aos argumentos de que podía ser usada como parte das celebracións do 630 aniversario de Vilnius.
Notas
↑[1], Resistência lituana . Spaudos.lt, reimpreso da Encyclopedia Lituanica , Boston, 1970–1978. Obtido en 17/03/2009
↑[2], Teiberis, Leonas: La Lituanie. Traduit du russe et adapté par François de Labriolle. Éditions Karthala, París, 1995.