Progresistas por Silleda (PPS) |
---|
Dirixentes e organización |
---|
Líder | Aurelio Fernández Villaverde |
---|
Historia |
---|
Fundación | 2003 |
---|
Posicións políticas |
---|
Ideoloxía | Liberalismo e progresismo |
---|
|
Progresistas por Silleda é un partido político silledense que se presenta dende o ano 2003 ás eleccións municipais do citado concello da comarca do Deza.
Traxectoria
Esta formación, escindida da Candidatura Independente por Silleda, concorreu por primeira vez nas eleccións municipais do 2003 con José Manuel Fidalgo Pereiras como candidato á alcaldía[1], sen obter representación. Fidalgo repetiu como cabeza de lista nas eleccións municipais do 2007[2], nas que tampouco acadaron ningunha acta. De cara ás municipais do 2011, presentouse como candidato á alcaldía o presidente do partido Aurelio Fernández Villaverde[3], sen obter ningún concelleiro por terceira vez. Nos comicios de 2015, a formación non concorreu e apoiou a lista do PSOE local[4], que acabaría obtendo maioría absoluta con Fernández Villaverde como primeiro suplente.
Resultados
Ano
|
Votos
|
Concelleiros
|
2003
|
105 (1,72 %)
|
ningún
|
2007
|
152 (2,32 %)
|
ningún
|
2011
|
88 (1,45 %)
|
ningún
|
2015
|
(%)
|
Non se presenta
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos