Prognoz foi o nome dunha serie de satélites científicos soviéticos para o estudo do Sol e a súa interacción coa Terra.[1]
Características
Os satélites Prognoz divídense á súa vez en dúas familias: os Prognoz SO (as tres primeiras unidades de satélites Prognoz) e os Prognoz SO-M (o resto de satélites). A forma xeral dos satélites era a mesma: estaban formados por unha estrutura principal cilíndrica de 2 m de diámetro e 0,925 m de altura con tapas esféricas que acollía a instrumentación e o equipamento. Os sensores e medidores atopábanse na superficie externa da estrutura e a enerxía era proporcionada por catro paneis solares que alimentaban unhas baterías. Os Prognoz SO tiñan unha masa duns 845 kg, mentres que os SO-M variaban entre 900 e 1000 kg. Estabilizábanse mediante xiro, apuntando ao Sol.[1][2][3]
Lanzáronse dez satélites Prognoz, todos mediante foguetes Molniya M, entre 1972 e 1985. Prognoz 10 foi tamén coñecido como Interkosmos 23 ao levar instrumentación de Checoslovaquia no marco do programa Interkosmos.[1][2][3]