onde e representan a presión e o volume do estado A e e representan a presión e o volume do estado B.
A expansión isoterma dun gas ideal pódese levar a cabo colocando o gas en contacto térmico con outro sistema de capacidade calorífica moi grande e á mesma temperatura que o gas; estoutro sistema coñécese como foco quente. Deste xeito, a calor transfírese moi lentamente, permitindo que o gas se expanda realizando traballo. Como a enerxía interna dun gas ideal só depende da temperatura e esta permanece constante na expansión isoterma:
Unha curva isoterma é unha liña que sobre un diagrama representa os valores sucesivos das diversas variables dun sistema nun proceso isotermo. As isotermas dun gas ideal nun diagrama P-V, chamado diagrama de Clapeyron, son hipérboles equiláteras, cuxa ecuación é P*V = constante. Se n é u número de moles e R a constante dos gases: