O primeiro ministro de Eslovenia, oficialmente presidente do Goberno da República de Eslovenia (en esloveno: 'Predsednik Vlade Republike Slovenije'), é o xefe de goberno de Eslovenia.
Houbo novo primeiros ministros dende que o país se converteu nun sistema parlamentario en 1989 e se independizou en 1991.
O primeiro ministro é nomeado polo presidente logo de consultar cos partidos representados na Asemblea Nacional. É elixido formalmente por maioría simple da Asemblea Nacional. Se ningún candidato recibe maioría, deberase realizar un novo voto antes de 14 días. Se ningún candidato recibe maioría tras esta rolda, o presidente deberá disolver a lexislatura e convocar novas eleccións parlamentarias a non ser que a Asemblea Nacional acepte celebrar unha terceira rolda. Se ningún candidato é elixido despois dunha terceira rolda, a lexislatura disólvese automaticamente á espera de novas eleccións.
Na práctica, dado que o primeiro ministro debe comandar unha maioría da Asemblea Nacional para gobernar, acostuma a ser o líder do partido maioritario na Asemblea Nacional ou o líder do socio maior na coalición de goberno. A Asemblea Nacional só pode retirar o seu apoio a un primeiro ministro mediante unha moción de censura construtiva, é dicir, unha moción de censura que non ten efecto sen que o futuro sucesor teña o apoio dunha maioría da cámara. O primeiro ministro é tamén presidente do Consello de Seguridade Nacional.
Elección
O primeiro ministro é elixido pola Asemblea Nacional de Eslovenia.
Primeira rolda
Despois das eleccións parlamentarias, a nova Asemblea Nacional reúnese na sesión constitutiva (normalmente ao redor de 2-3 semanas despois das eleccións), logo de que se formen os novos grupos parlamentarios. Despois de que se formen todos os grupos (normalmente dentro duns poucos días), o presidente da República reúnese cos líderes dos grupos para consultas. Durante as consultas, o presidente da República tenta identificar a un candidato que poida obter unha maioría absoluta na Asemblea Nacional (46 votos). Despois das consultas, o presidente da República pode propoñer oficialmente un candidato ao presidente da Asemblea Nacional, isto debe realizarse dentro dos 30 días posteriores á sesión constitutiva. A asemblea debe votar o candidato en 7 días, pero non antes das 48 horas tras a proposta. O candidato ten que presentar o seu proxecto de goberno ante a Asemblea Nacional antes da votación. Cando o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.
Segunda rolda
Se non sae elixido primeiro ministro, terá lugar a segunda rolda. Despois de novas consultas, o presidente da República pode propor un novo candidato ou o mesmo candidato de novo dentro dos 14 días seguintes á votación da primeira rolda. Na segunda rolda os grupos parlamentarios tamén poden propoñer un candidato. Se hai máis dun candidatos proposto, a Asemblea Nacional votará primeiro ao candidato proposto polo presidente da República, e só se ese candidato non é elixido a Asemblea votará os outros candidatos na orde de presentación das propostas. Precísase maioría absoluta para ser elixido primeiro ministro (46 votos). Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.
Se a Asemblea Nacional volve a fallar ao elixir primeiro ministro, o presidente da República disolverá a Asemblea Nacional e convocará eleccións rápidas, a menos que a Asemblea Nacional decida, dentro das 48 horas seguintes á votación, celebrar unha terceira rolda de eleccións.
Terceira rolda
Na terceira rolda o primeiro ministro é elixido por maioría relativa (maioría dos deputados presentes). Na Asemblea Nacional da terceira rolda vótase por todos os candidatos da primeira e segunda volta, e se ningún dos candidatos recibe maioría de votos, entón vótanse novas propostas, comezando pola proposta do presidente da República e logo os demais na orde de presentación das candidaturas. Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno, se non, o presidente disolve a Asemblea Nacional e teñen lugar as eleccións rápidas.
Xuramento do cargo
O primeiro ministro toma oficialmente posesión despois de que todos os seus ministros fagan o xuramento do cargo ante a Asemblea Nacional, logo da elección do goberno con maioría relativa na Asemblea Nacional. O primeiro ministro xura o cargo despois da súa elección.
O primeiro ministro e os ministros prestan o mesmo xuramento segundo o artigo 104 da Constitución: "Xuro que vou cumprir a orde constitucional, que actuarei segundo a miña conciencia e que farei todo o que poida para o ben de Eslovenia".
Lista de primeiros ministros de Eslovenia
- Partidos
Conservadores:
- Partidos
- Partidos
Demócratas cristiáns:
Liberais:
Conservadores:
Socialdemócratas:
Véxase tamén
Outros artigos