A Primeira División de México é a máxima categoría do campionato nacional de fútbol profesional en México. Organizada pola Federación Mexicana de Fútbol dende 1943, en 1996 comezou a disputarse cun formato de dous torneos por tempada, chamados Torneo Apertura e Torneo Clausura. O equipo máis laureado na historia do campionato é o Club Deportivo Guadalajara, con 11 títulos no seu palmarés, mentres que o actual campión é o Tigres de la UANL.
Trátase do campionato máis dominante na zona Concacaf, pois os equipos mexicanos conquistaron 27 das 46 edicións da Liga de Campións da Concacaf. Segundo a IFFHS é a 10ª liga máis competitiva do mundo.
18 equipos compiten cada tempada polos dous torneos, Apertura e Clausura. Ámbolos dous torneos consisten nunha liga de 17 xornadas, é dicir, cada equipo xoga un encontro fronte a cada rival. Ó remate da tempada regular, os 8 primeiros clasificados da táboa disputan as eliminatorias polo título, partindo dos cuartos de final. Cada eliminatoria é a dobre encontro, incluíndo a final. Nos cuartos de final e nas semifinais é importante a posición ocupada durante a tempada regular, xa que en caso de que unha eliminatoria remate con empate, non se disputa ningunha prórroga nin quendas de penaltis, senón que o gañador é o equipo mellor situado na táboa clasificatoria.
O campión e subcampión de cada torneo (Apertura e Clausura), acadan o dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf da seguinte tempada. Ó mesmo tempo, os 3 primeiros clasificados da táboa ó remate da tempada regular do Torneo Apertura, teñen garantida a súa participación na Copa Libertadores desa mesma tempada.
Equipos
Na seguinte táboa están representados os 18 equipos participantes no Torneo Apertura 2011 e no Torneo Clausura 2012, ó cabo do cal haberá descensos e ascensos:
Equipo
|
Cidade
|
Primeira participación
|
Participacións
|
En 1ª dende...
|
Participacións consecutivas
|
Torneos gañados
|
Estadio
|
Capacidade
|
Club América |
México |
1943-44 |
86 |
1943-44 |
86 |
10 |
Azteca |
105,064
|
Club de Fútbol Atlante |
Cancún |
1943-44 |
84 |
1991-92 |
37 |
3 |
Quintana Roo |
20,000
|
Club Atlas de Guadalajara |
Guadalaxara |
1943-44 |
83 |
1979-80 |
49 |
1 |
Jalisco |
56,713
|
Cruz Azul |
México |
1964-65 |
65 |
1964-65 |
65 |
8 |
Azul |
35,161
|
Club Dep. Estudiantes Tecos |
Guadalaxara |
1975-76 |
53 |
1975-76 |
53 |
1 |
Tres de Marzo |
23,000
|
Club Deportivo Guadalajara |
Guadalaxara |
1943-44 |
86 |
1943-44 |
86 |
11 |
Omnilife |
45,500
|
Jaguares de Chiapas |
Tuxtla Gutiérrez |
2002-03 |
19 |
2002-03 |
19 |
0 |
Víctor Manuel Reyna |
25,222
|
Club de Fútbol Monterrey |
Monterrey |
1945-46 |
71 |
1960-61 |
69 |
4 |
Tecnológico |
38,622
|
Monarcas Morelia |
Morelia |
1957-58 |
58 |
1981-82 |
47 |
1 |
Morelos |
38,869
|
Club de Fútbol Pachuca |
Pachuca |
1967-68 |
37 |
1998-99 |
27 |
5 |
Hidalgo |
30,000
|
Puebla Fútbol Club |
Puebla |
1944-45 |
66 |
2007-08 |
9 |
2 |
Cuauhtémoc |
46,648
|
Querétaro Fútbol Club |
Querétaro |
1990-91 |
15 |
2009-10 |
5 |
0 |
Corregidora |
38,545
|
San Luis Fútbol Club |
San Luis Potosí |
1971-72 |
21 |
2005-06 |
13 |
0 |
Alfonso Lastras Ramírez |
30,000
|
Club Santos Laguna |
Torreón |
1988-89 |
39 |
1988-89 |
39 |
3 |
TSM Corona |
30,000
|
Tigres de la UANL |
Monterrey |
1974-75 |
51 |
1997-98 |
29 |
3 |
Universitario |
45,000
|
Club Tijuana |
Tijuana |
2011-12 |
1 |
2011-12 |
1 |
0 |
Caliente |
16,000
|
Deportivo Toluca |
Toluca |
1953-54 |
76 |
1953-54 |
76 |
10 |
Nemesio Díez |
27,000
|
Club 'UNAM' |
México |
1962-63 |
67 |
1962-63 |
67 |
7 |
Olímpico Universitario |
73,186
|
Véxase tamén
Outros artigos
Véxase tamén