Prey é un filme estadounidense de 2022 baseado na franquía de Predator. É o quinto título da franquía e unha precuela dos primeiros catro filmes, xa que está ambientado nas grandes chairas de América do Norte en 1719. Foi dirixido por Dan Trachtenberg e escrito Patrick Aison. Está protagonizado por Amber Midthunder, Dakota Beavers, Michelle Thrush, Stormee Kipp, Julian Black Antelope e Dane DiLiegro. Conta a historia de Naru, unha habelenciosa guerreira comanche, que protexe á súa tribo do alien humanoide que caza humanos por deporte, loitando contra el, a fauna salvaxe e os comerciantes de peles con tal de protexer ao seu pobo.
Personaxes
Produción
Lingua
Trachtenberg dixo que debateu se o filme debería comezar cos personaxes falando a lingua comanche antes de cambiar ao inglés para o beneficio da audiencia, da mesma maneira que se fixo co ruso en The Hunt for Red October (1990). Consideraron facer algo semellante ao principio, pero ao final pensaron que non funcionaba. O filme rodouse en inglés e comanche, e todo o elenco realizou unha dobraxe alternativa totalmente comanche do filme. Ambas versións lingüísticas están dispoñibles en Hulu.[1]
Notas