O cargo de Presidente da Nación Navagho (en navagho: Diné Binantʼaʼí) foi creado en 1991 co obxectivo de restruturar o goberno da nación. O presidente e vicepresidente son elixidos cada catro anos, e só poden servir durante dúas lexislaturas no cargo.
Segundo o "Navajo Nation Code §1001-1006", un requisito dos presidentes é que deben falar a lingua navagho, entre outras cualificacións requiridas.[1] No presente, a fluidez debe ser determinada polos votantes navaghos cando emiten o voto.[2]