Premio Nacional de Música

O Premio Nacional de Música foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega,[1] como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da música, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.[1]

Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega de Música.

Premiada

Notas