Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é un galardón teatral creado en 2006 polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e despois de 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).[1] Premia as obras dirixidas especificamente ao público infantil, ten dotación económica, en 2006 de 4000 euros e en 2018 de 6000 euros. O premio tamén consiste na publicación da obra gañadora.[2]

Inicialmente a periodicidade foi anual, mais nalgunhas ocasión a súa convocatoria foi cada dous anos. Na páxina do AGADIC fala da súa periodicidade anual.[3] Recoñece a figura de Manuel María.

Edicións

Ano Obra premiada
2006 (I edición) Boas noites de Paula Carballeira
2007 (II edición) Game over de Carlos Losada Galiñáns
2008 (III edición) Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa
2009 (IV edición) Sopa de xarope de amora de Xosé A. Neira Cruz
2010 (V edición) Os reloxos preguiceiros de Néboa de Xavier Lama
2011 (VI edición) O refugallo de Paula Carballeira
2012 (VII edición) Premio deserto[3]
2014 (VIII edición) Xogando con gatos de Antón Cortizas
2016 (IX edición) O valo de Carlos Labraña[4]
2018 (X edición) Somos os monstros de Paula Carballeira[5]
2020 (XI edición)
2022 (XII edición) Nin me amoles de Ana Carreira [6]

Notas

  1. Estévez, José Luis (16 de maio de 2007). "Cultura crea una agencia que sustituirá al IGAEM y gestionará las ayudas". El País (en castelán). Consultado o 12 de xullo 2018. 
  2. "O IGAEM crea o Premio de Literatura Dramática Infantil Manuel María". AGADIC. 19 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "Premios". AGADIC. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. "Acta de ditame do xurado do XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil e XII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicrecres" (PDF). AGADIC. 2 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 12 de xullo 2018. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  6. http://www.agadic.gal/premios