Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Praza da Perla (árabe: دوار اللؤلؤ , Dawār al-luʾluʾ) é o nome popular polo que se coñece a Praza doConsello de Cooperación do Golfo, unha praza preto do distrito financeiro de Manama, en Bahrain.[1]
A praza atópase no centro da capital, Manama, e ten ós seus arredores o Mercado Central de Bahrain, Mariña, ademais dun complexo de apartamentos de luxo construídos despois coñecidos como Abraj Al-Lulu (Torres da Perla).[2] Tamén preto da praza atópase o Bahrain World Trade Center ou o distrito financeiro e portuario de Bahrain.
Historia
O característico monumento da Perla na praza, previamente estaba rodeado por un círculo, foi erixido en 1982 na honra á primeira reunión no país do Consello de Cooperación do Golfo.
Durante as protestas en Bahrain de 2011, dentro das revolucións e protestas no mundo islámico de 2010-2011, a praza foi un símbolo a miúdo comparado á Praza Tahrir do Cairo. O 16 de marzo o goberno interveu xunto con efectivos internacionais do mesmo Consello de Cooperación do Golfo ó que estaba dedicado o monumento, desaloxando a praza e días despois, durante a mañá do 18 de marzo, as autoridades derrubaron o monumento.
Despois da súa polémica destrución e segundo as autoridades locais, a praza será substituída por semáforos para solucionar a conxestión do tráfico de automóbiles no distrito financeiro da cidade.[3]