Paxariñas é unha praia da ría de Pontevedra, próxima á vila de Portonovo, parroquia de Adina, situada entre as praias de Canelas e Montalbo no concello pontevedrés de Sanxenxo. É unha praia pequena e recollida á beira da punta de Cabicastro, con area branca e moi fina, de acceso peonil.